Lugonet adícase dende fai vinte anos ao deseño, desenvolvemento e mantemento de aplicacións en liña por conta de terceiros. O seu cadro de persoal é de sete persoas, catro homes e tres mulleres, cunha media de idade de 39,7 anos. Catro membros do equipo traballan grazas a un título superior de FP. A programación e a administración de sistemas constitúen o núcleo do traballo, pero outras tarefas están a ter cada vez máis importancia, particularmente ou márketing dixital e o manexo de xestores de contidos.

Relator: Manuel Fernández Prado