En dinahosting levamos dende o 2001 nisto, sendo diferentes, ilusionándonos e aprendendo. A nosa vontade de facer comunidade levounos a apoiar varios grupos e meetups locais de WordPress así como a patrocinar varias das WordCamps máis importantes do estado. Tamén introducimos cambios na parte técnica: a evolución no hardware, os mellores sistemas de caché, a securización do noso autoinstalable, o apoio a WordPress como plataforma de ecommerce, a implantación de WP- CLI… e un longo etcétera ao que sumaremos todas as túas aportacións.

Todos os nosos servidores traballan baixo distribucións propias nas que coidamos cada detalle para optimizar o rendemento asegurando unha plataforma polivalente que posibilite o uso de diferentes tecnoloxías. A fiabilidade dos nosos partners de hardware e rede únense á capa de innovación que achegamos mediante desenvolvementos propios: CMS autoinstalados, Panel de Control propio, email con contorna groupware gratuíto, etc… son a nosa achega para axudarche a superar os retos que teñas en cada momento.

Relator: Juan Iglesias