Bahía Software xurdiu en 1.999 como un proxecto para prestar servizos de consultoría tecnolóxica especializada no sector sanitario. A aposta realizada pola innovación e o investimento en capital humano, fixeron posible a evolución da empresa, ampliando e diversificando os servizos prestados e abríndose a novos sectores de actividade: empresas privadas de ámbito industrial, de seguridade, de banca, administracións públicas, organizacións culturais, etc.

“Concibimos a tecnoloxía como o factor clave para a mellora da produtividade das organizacións. Realizamos un diagnóstico, detectamos as súas necesidades, propoñemos solucións para cubrilas, desenvolvemos os sistemas máis axeitados e implantámolos. Prestamos soporte e atención a usuarios, formámolos, detectamos novas necesidades, melloramos as solucións. Estamos ao seu lado.”

Relator:  Iria Vázquez